O alcalde mantén un encontro coa Asociación de Mariñeiros de Embarcacións Tradicionais

martes, 3 xan 2012

Abel Caballero recibiu esta mañá aos responsables da Asociación de Mariñeiros de Embarcacións tradicionais para avaliar a marcha do convenio de colaboración suscrito entre o colectivo e o Concello. Ao longo do encontro, os responsables da entidade trasladaron ao rexedor o seu interese por construír un local social en Bouzas. Ademais, abordouse a posibilidade de aumentar a colaboración da Asociación co Concello, unha relación que nestes momentos está plasmada nun convenio polo que manteñen as embarcacións construídas nas Escolas Mar de Vigo.

O goberno local sufraga a construción da Escola de Música de Valladares con 150.000 euros

venres, 30 dec 2011

O convenio rubricado este venres polo alcalde de Vigo e o Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares permitirá ao colectivo erixir a Escola de Música do barrio, sufragada ao 100% polo Concello de Vigo. Os veciños elaboran o proxecto e constrúen o edificio con financiamento municipal, nun "magnífico sistema de cooperación" que procura "aproveitar a calidade docente e musical da Unión Musical de Valadares".