Iolanda Veloso reforza nos orzamentos de Igualdade e Xuventude o apoio aos espazos de lecer educativo

xoves, 30 out 2008

A concelleira de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, salientou este xoves que os orzamentos das súas concellerías manteñen un "crecemento sostible", acorde co resto das áreas do BNG. Ademais, a edil destacou a inclusión de dúas partidas, na Concellería de Xuventude e na de Igualdade, que teñen a finalidade de "subvencionar espazos de lecer educativo".

Iolanda Veloso anuncia que a nova oferta formativa de Igualdade para asociacións veciñais chega aos homes

mércores, 8 out 2008

A oferta formativa que desenvolverán as vogalías da muller das asociacións veciñais de Vigo incluirá tamén un cursos dirixido a homes e mulleres, segundo anunciou este mércores a concelleira de Igualdade, a nacionalista Iolanda Veloso. Segundo a edil do BNG, o departamento que dirixe quere "dar un paso máis" no traballo que se leva a cabo para acadar a igualdade real entre homes e mulleres.<br />

Curso de formación en "Habilidades sociais desde a intelixencia emocional"

martes, 23 set 2008

A FAVEC organiza curso gratuíto de 30 horas para todas aquelas persoas interesadas en coñecer e potenciar as súas habilidades sociais. Este curso formativo que leva por título: "Habilidades sociais desde a intelixencia emocional" está subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dentro do proxecto "Construíndo Futuro".

Obradoiro de Autodefensa Feminista

luns, 22 set 2008

A concellería de Igualdade organiza un obradoiro de autodefensa feminista para mulleres que traballan con mulleres. Trátase dunha formación difícil de atopar no territorio galego, e que se considera oportuno para o currículo das profesionais do eido do xénero. O obradoiro celebrarase os días 6 e 7 de outubro. Esta actividade vai dirixida, preferentemente, a asociacións e colectivos de mulleres.

A concelleira de Igualdade garante que nengunha muller ten quedado sen atención tras o peche da Casa de Acollida

xoves, 3 xul 2008

A concelleira de Igualdade, a nacionalista Iolanda Veloso, asegurou este xoves que nengunha das mulleres vítimas de malos tratos que solicitaron axuda ao Concello de Vigo quedaron sen cobertura tras o peche da Casa de Acollida. Deste xeito, a edil do BNG aclarou as manifestacións recollidas na prensa ao respecto e asegurou que "é falso que haxa mulleres que solicitaran atención e non a recibiran".

Igualdade activa un novo marcador dixital en Príncipe que lembra ás mulleres mortas pola violencia de xénero

mércores, 25 xuñ 2008

Un novo marcador dixital dotado cun panel solar inaugurado hoxe pola concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, na confluencia das rúas Ronda de Don Bosco e Príncipe, co obxectivo de "lembrar ás mulleres asasinadas por violencia de xénero", que no que vai de ano xa son 28. A edil explicou que este novo contador substitúe ao anterior, instalado nese mesmo punto o pasado mes de novembro, e que "en breve" será trasladado á lonxa do Concello.