mércores, 25 xuñ 2008
Un novo marcador dixital dotado cun panel solar inaugurado hoxe pola concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, na confluencia das rúas Ronda de Don Bosco e Príncipe, co obxectivo de "lembrar ás mulleres asasinadas por violencia de xénero", que no que vai de ano xa son 28. A edil explicou que este novo contador substitúe ao anterior, instalado nese mesmo punto o pasado mes de novembro, e que "en breve" será trasladado á lonxa do Concello.
xoves, 19 xuñ 2008
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, entregou hoxe aos colexios Monte Alba e Salesianos e ao Instituto de Ensino Secundario Castelao os incentivos que os acreditan como gañadores da campaña de promoción de igualdade de oportunidades nos centros educativos. Iolanda Veloso salientou o traballo que estes tres centros de ensino están a desenvolver no tocante á coeducación, da man dos seus respectivos directores, presentes no acto.
martes, 17 xuñ 2008
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clasusurou este xoves no CEIP O Pombal o programa "Camiña con nós pola igualdade", no que participaron máis de 2.200 de 29 centros educativos vigueses. O obxectivo desta iniciativa, radica, segundo a edil, en que a educación de nenos e nenas pase de "educación mixta a coeducación e fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenos e nenas".
luns, 9 xuñ 2008
Tres pisos e un Centro de Emerxencia son os servizos que integran a rede de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero, segundo anunciou este luns a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso. Esta rede sustituirá á Casa de Acollida que ven funcionando dende hai 17 anos, de xeito que se ampliarán os servizos ofrecidos dende o ámbito municipal.
xoves, 5 xuñ 2008
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para este curso de carácter gratuíto, dirixido a todas as mulleres maiores de 18 anos, empadroadas no Concello de Vigo.
venres, 16 mai 2008
Un total de cento vinte mulleres participarán no primeiro obradoiro erótico, denominado "Os praceres de Lola", organizado pola Concellería de Igualdade, segundo anunciou hoxe a concelleira Iolanda Veloso. "Dar a coñecer aspectos da sexualidade feminina nun ambiente distendido e relaxado dende unha perspectiva feminista é o obxectivo fundamental desta iniciativa, que terá lugar no Centro Cívico do Casco Vello", subliñou a concelleira de Igualdade.
luns, 12 mai 2008
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este luns a nova páxina web deste departamento, <a href='http://www.igualdadevigo.org '> http://www.igualdadevigo.org </a>, que nace co obxectivo de achegar á cidadanía todos os servizos que ofrece a Concellería de Igualdade do Concello vigués. "Este novo recurso intégrase na campaña informativa que estamos a desenvolver", sinalou a edil, quen explicou que o emprego dos novos soportes é unha das características da campaña divulgativa.
xoves, 24 abr 2008
A Xerencia de Urbanismo deu conta este xoves ao Consello de que esta semana estarán a disposición do Concello tres vivendas no Casco Vello que serán destinadas a mulleres que sufriron a violencia machista. O proceso quedou resolto, tras o debate xurídico suscitado polo pago do IVE, e a próxima semana se entregarán ás mulleres.
mércores, 9 abr 2008
O programa "Vivir en parella é cousa de 2" cumpre xa a súa sexta edición, e as persoas interesadas en participar nos cursos gratuítos que oferta poden facer a inscrición ata o día 18 de abril, segundo anunciou este mércores a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso. Co obxectivo de "rachar o reparto tradicional de roles", o programa organiza cursos sobre os coidados da roupa e cociña dirixidos a homes, reparacións domésticas e mecánica do automóbil destinados a mulleres, mentres que os de comunicación e coidado de persoas dependentes son mixtos e as prazas asignaranse de forma equitativa entre as mulleres e os homes inscritos.
xoves, 6 mar 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Emprego, Santos Héctor, inauguraron este xoves o seminario sectorial dirixido á industria e á construción que pecha o proxecto "Ni + Ni -". Esta iniciativa, enmarcada dentro do Plan AVANZA do Ministerio de Industria, ten como obxectivo a incorporación das mulleres emprendedoras á sociedade da información.