Escoitar

Obradoiro de Autodefensa Feminista

A concellería de Igualdade organiza un obradoiro de autodefensa feminista para mulleres que traballan con mulleres. Trátase dunha formación difícil de atopar no territorio galego, e que se considera oportuno para o currículo das profesionais do eido do xénero. O obradoiro celebrarase os días 6 e 7 de outubro. Esta actividade vai dirixida, preferentemente, a asociacións e colectivos de mulleres.

luns, 22 set 2008
Os obxectivos da actividades son: achegar as prácticas e a filosofía da autodefensa para mulleres desde a perspectiva do xénero; preparar fisicamente ás participantes para que poidan sentirse en forma, a gusto consigo mesmas e para que sexan capaces de repeler un ataque corporal de tipo violento; preparar as mulleres para que poidan liberarse do medo, atopar seguiridade en si mesmas, e dotarse de mecanismos para utilizar ante ataques verbais e vexatorios; romper estereoripos e roles adquiridos a través da educación que reforzan actitudes desiguais para mulleres e homes; e
complementar a formación das mulleres profesionais que xa traballan con mulleres

A metodoloxía é práctica e participativa. Faránse exercicios de quentamento, e aprendizaxe e automatización de técnicas básicas de autodefensa. Ademais de xogos e dinámicas que permitan liberar tensións, recoñecer sensacións de medo, e exercitar actitudes baseadas na seguridade nunha mesma.

Prazas Gratuítas: Máximo de 25 participantes.

Lugar: Pavillón deportivo do Berbés. Vigo

Temporalización: 8 horas. Duas sesións de 4 horas , de 16:30 a 20:30 horas.

Docente: Conchi Arnal Claro: Monitora especializada en técnicas de autodefensa con 25 anos de experiencia con grupos de mulleres.

Inscricións: As inscricións ralizaranse na Concellería de Igualdade. 1ª planta da Casa do Concello. Teléfono 986 810 284 en horario de 8 a 15 h. ata completar o número de prazas.