A futura estación de Urzaiz terá un segundo acceso desde unha praza superior de 40.000 metros cadrados<br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, a xerente deste departamento, Julia Chamosa, e a senadora viguesa Carmela Silva acudiron esta mañá en Madrid a unha reunión de traballo con Miguel Angel Campos, director general de explitación de ADIF, Olga Guitián, directora general de NEXSA, e técnicos de Vialia, para completar o desenvolvemento do proxecto da futura nova estación intermodal de Urzáiz; un encontro no que puideron observar os planos preliminares do mesmo.
Tal e como informou Abel Caballero ao remate do encontro, as dimensións da nova instalación serán de 50.000 m², deberá incluir unha entrada directa desde a autopista e contará cunha nova entrada superior, nunha gran praza pública de 40.000 m² á altura de Vía Norte chamada a converterse nun "mirador limpo hacia a Ría", explicou o alcalde.
Esta nova zona pública de utilización cidadá, "do tamaño de sete ou oito campos de fútbol" exemplificou o rexedor vigués, se sumará ao gran corredoiro verde derivado do soterramento das vías do tren. Ademais, a actual praza de acceso manterá o seu tamaño, indicou o alcalde.
Abel Caballero mostrouse "moi satisfeito" polo resultado da reunión e polo proxecto da estación, tanto polo propio plantexamento en sí como pola forma na que se está a elaborar. Salienta especialmente o alcalde o "custo cero" que suporá para as arcas municipais.
Tramitación
Abel Caballero adiantou que "en 20 días" comezarán os trámites administrativos para a posta en marcha da estación e estimou que a mediados de novembro estará redactado o proxecto cun pre boceto para a adxudicación da obra.
En aproximadamente un ano, segundo o alcalde, comezará a demolición da actual estación e se iniciará o funcionamento da provisional, sobre a que se está a estudar que sexa de longo percorrido e tamén de cercanías.
Descargar todas as imaxes