martes, 16 setembro 2008

O alcalde fai oficial que o vindeiro luns se reanudan as obras do auditorio

Abel Caballero informou este martes da aprobación por parte do goberno vigués do Plan Económico Financeiro do Auditorio Palacio de Congresos, o que lle confire "luz verde absoluta para a construción", traballos que se reanudarán o vindeiro luns, 22 de setembro, segundo explicou o rexedor. O texto contempla unha concesión a 60 anos e un investimento de 86,5 millóns de euros.

O Concello desenvolve co Plan Comunitario de Teis un programa de prevención e integración coa infancia

martes, 16 set 2008

O Concello de Vigo e o Plan Comunitario de Teis desenvolverán un proxecto de atención á infancia no barrio de Teis con apoio psicopedagóxico, lúdico e social tentando previr situacións de risco e favorecendo a integración. As concellerías de Benestar Social, Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística traballarán coordinadamente, en colaboración co Plan Comunitario, nunha iniciativa que ten unha dotación económica de 42.000 euros.

O Concello ordena a "limpeza definitiva" da nave incendiada no Gorxal

martes, 16 set 2008

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe martes un encontro co Director Xeral de Desenvolvemento Sostible e o delegado provincial da Consellería de Medioambiente da Xunta. Tras a reunión, o mandatario local informou que "nun par de días", previa autorización dos xulgados, se procederá á retirada dos deterxentes e lexías restantes e ao apuntalamento de emerxencia da nave calcinada.

Cesión dos terreos para a construcion da escola de arte dramática

martes, 16 set 2008

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a delegada territorial en Vigo da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, Begoña Martín, asinaron hoxe martes ante notario a formalización da cesión dos terreos en Navia da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. O valor do solo, explicou o rexedor, "xira en torno aos 600.000 euros".

Anuncio de Mobilidade e Seguridade

Peche da rúa Salamanca, no treito entre Zaragoza e Pintor Colmeiro

martes, 16 set 2008

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización da rúa
Salamanca, a realizar pola empresa MOVEXVIAL, estará pechada ao tráfico no treito entre as rúas Zaragoza e Pintor Colmeiro, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 17 de setembro de 2008 ás 10:00 horas e por un período aproximado de nove semanas.