venres, 19 set 2008
A edil de Economía e Facenda, Raquel Díaz, detallou este venres as novas ordenanzas muncipais aprobadas o pasado luns polo goberno local que conxelan en términos reais os impostos e incorporan máis rebaixas fiscais, o que implica que "miles e miles de cidadáns van ter unha rebaixa fiscal" o vindeiro ano, en comparación co 2008, afirmou a concelleira.
venres, 19 set 2008
O edil de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño, anunciou hoxe venres a colocación de 15 novos resaltes en puntos con densidade de peóns, para garantir a seguridade dos mesmos. Esta medida se suma aos 4 reductores e aos 3 pasos peonís elevados xa instalados na cidade nos últimos meses.
venres, 19 set 2008
Así o anunciou este venres o concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, como medida de apoio do Concello de Vigo ao Día Sen o Meu Coche, que se celebra o próximo luns. As liñas 12a, 12b, 13 e 31 non terán custo algún para os usuarios, co obxectivo de aproximar este servizo ás parroquias, explicou Xulio Calviño.
venres, 19 set 2008
O Marco inaugura a mostra colectiva colectiva ‘A GRANDE TRANSFORMACIÓN. Arte e maxia táctica’ que se pode visitar desde o día 19 de setembro ata o 11 de xaneiro. A exposición reúne preto dunha trintena de pezas, entre fotografías, vídeos, películas, instalacións, pezas escultóricas, e a performance Feedback - Jack of Many Trades, do grupo de artistas Ride.1, que terá lugar na xornada inaugural.
venres, 19 set 2008
A Oficina Municipal de Voluntariado organiza dous cusos de formación. O primeiro, que terá lugar os días 7 e 8 de outubro, trátase dun curso básico de iniciación , e o segundo, que se celebrará os días 21,22 e 23 de outubro, sobre habilidades sociais para persoas voluntarias.
Igualdade
venres, 19 set 2008
A concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o curso de carácter gratuíto: "Os praceres de Lola. Obradoiro de erotismo para mulleres".Os praceres de Lola é un obradoiro tuppersex feminista cun fin formativo ademais de lúdico, no que se pretende quitar de encima os mitos, tabús e prexuízos e permitir que as mulleres poidan gozar, coñecerse, reivindicar e descubrir a súa sexualidade.