Escoitar

O tenente de alcalde amosa o seu respaldo á iniciativa veciñal para que se debata e Lei de Área Metropolitana

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, trasladou hoxe o seu respaldo aos representantes da Federación de Asociacións de Veciños de Vigo "Eduardo Chao" a respecto da iniciativa popular que presentaron para que o Parlamento galego acepte debatir a Lei de Área Metropolitana de Vigo. Dominguez coincide coa Federación Veciñal en que non se pode retrasar máis un debate que é fundamental para o desenvolvemento futuro de Vigo e a súa área de influencia.

xoves, 18 set 2008
1221736613reunionfederacion.jpg
Santi Domínguez explicou que a presidenta da Federación, Elena González, explicoulle en que consiste á iniciativa popular que presentaron diante do Parlamento galego. Segundo dixo, precisaron que non se aposta por ningún modelo concreto, senon que o que reclama é que se debata xa o proxecto de Lei de Área Metropolitana.

A este respecto o tenente de alcalde sinalou que "estou absolutamente dacordo con esta iniciativa, porque desde o BNG consideramos de que é hora de que se debata esta lei". O nacionalista defende que non se pode seguir adiando esta decisión porque "Vigo non pode seguir sin esa lei, unha lei que vai favorecer o desenvolvemento dun Vigo vertebrado cos seus concellos limítrofes". Pola súa banda, os representantes veciñais amosaron a súa satisfacción polo respaldo amosado polo tenente de alcalde á súa proposta.

No transcurso da xuntanza, o tenente de alcalde explicou que tamén tratou cos representantes veciñais a sinatura nas vindeiras semanas dun convenio de colaboración que vai a abranguer a todas as áreas xestionadas polos nacionalistas. O acordo vai recoller as diferentes subvecións que a Federación de Veciños recibe das concellerías do BNG.
Descargar todas as imaxes