Escoitar

O museo Verbum remata as mesas redondas das mobilizacións estudantís do 68 en Compostela

O xoves día 18 de setembro terá lugar no museo Verbum Casa das Palabras, a mesa redonda "O 68 Compostelán e as súas Consecuencias", última mesa na que os participantes comentarán a influencia que tivo este movemento nas súas vidas.

mércores, 17 set 2008
1221651930g29p56f1.jpg
O encontro estará moderado pólo comisario da exposición, Ricardo Gurriarán, e nesta ocasión participan Xosé Álvarez Cáccamo, Xosé Paraños Pardo, Blanca Caamaño González e Alberto Reverter Pérez, estudantes que por aquel entonces estaban comezando as súas carreiras e viviron as consecuencias do acontecido no curso 67/68.

Desenvolverase co mesmo fío condutor que a mesa anterior, cada participante intervirá durante 15 minutos para analizar, neste caso, as consecuencias do curso 67/68, pois todos comezaban os estudos naquela época e viviron os acontecementos que viñeron despois. Será un relato dende a súa propia experiencia para despois ceder a palabra a todos os asistentes á mesa redonda.

Por outra banda, a mesa redonda do pasado xoves día 11 " A busca das condicións obxectivas na
Universidade de Santiago de Compostela" tivo unha participación de máis de 20 persoas que deron pé a un dinámico e interesante debate alongado até as 22:15 h.

Os participantes comentaron brevemente como viviran a orixe e estoupido do conflito dende a súa experiencia persoal e dende os diferentes ámbitos dos que formaban parte (galeguismo, xuventudes cristiáns ou comunismo, entre outros), discutiron sobre a implicación dos alumnos, o medo que había (ás represalias, á policía, á propia familia...), sobre si a loita merecera ou non a pena, etc.
Descargar todas as imaxes