Escoitar

Os norteamericanos Vic Chesnutt e Elf Power abren o venres o programa de outono do Sinsal

O festival Sinsal inicia o vindeiro venres a súa edición de outono coa actuación dos norteamericano Vic Chesnutt e Elf Power no Centro Cultural Caixanova. O concelleiro de Cultura, Xesús López, salientou na presentación o importante papel que este certame xoga no ámbito cultural da cidade, xa que todos os artistas é a primeira vez que actúa en Vigo.

martes, 16 set 2008
1221569878cartelsinsal.jpg
Logo da actuación de Vic Chesnutt e Elf Power chegarán The Necks, tres instrumentistas autralianos o 25 de outubro. E para pechar o programa recupérase a sala de concertos do Museo de Arte Contemporanea con dúas propostas case antagónicas. Dunha banda as atmósferas medievais dos británicos Pantaleimon e doutra os norteaméricanos de Lightning Bolt.

As entradas, ao prezo de 10 euros e 12 euros no último dos concertos, e os abonos para todas as actuacións da estación de outono, que custan 25 euros, están xa a venda na billeteira electrónica de Caixanova (www.caixanova.es) e no teléfono 902504500.

O organizador do Sinsal, Xulio Gómez, salientou que este ano o festival está xa tendo repercusión nacional e internacional nos medios especializados, grazas ao esforzo que fixeron os patrocinadores (Concellería de Cultura, Consellería de Cultura, Universidade e Caixanova).

O concelleiro de Cultura agradeceu expresamente o apoio que tanto a Xunta como a Universidade de Vigo ofrecen ao Sinsal, así como a continua aposta de Caixanova pola cultura na nosa cidade.

A vicerreitora de Extensión Cultural, María del Carmen Cabezas, explicou que a colaboración con este festival supón "crear complicidade coa cidade no ámbito cultural". A secretaria provincial da Consellería de Cultura, Olga Lema, salientou pola súa banda que o seu departamento aposta porte por "un festival que engloba vangarda e experimentación, sempre coa máxima calidade".
1221569878cartelsinsal.jpg
1221569947sinsaloutono2008.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información