luns, 15 setembro 2008

O alcade subliña que "en 2009 a carga fiscal vai diminuir" na cidade

Abel Caballero informou este luns do acordo adoptado polo goberno local, polo que os impostos reais se conxelan e diminúe a carga fiscal cunha "visión social". Segundo explicou o alcalde, se establece un novo sistema que reduce nun 3% o imposto de bens inmobles, se incrementan as dedución aos vehículos ecolóxicos e se amplías ás parellas de feito a bonificación do 50% na transmisión por mortis causa da vivenda habitual.

Última semana para visitar a exposición ‘O MEDIO É O MUSEO’ no Marco

luns, 15 set 2008

Esta semana é a última na que permanecerá aberta ao público a exposición ‘O MEDIO É O MUSEO’, un proxecto dos novos comisarios galegos Pedro de Llano e Pablo Fanego, coproducida polo MARCO de Vigo e o Koldo Mitxelena Kulturunea de San Sebastián, que dende o 20 de xuño ocupa as salas da planta baixa, e que se clausura o domingo 21 de setembro.