O alcalde e o secretario xeral de comunicación inauguran a Segunda Mostra de Cine Arxentino en Galicia
A Secretaría e o Consorcio Audiovisual de Galicia, en colaboración co Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Arxentina (INCAA) e a Alcaldía de Vigo, promoven a 2ª Mostra de Cine Arxentino en Galicia que se desenvolverá desde hoxe ata o 19 de setembro na cidade. Un total de seis filmes de recente produción conforman o ciclo que mañá sábado arrincará no Antigo Reitorado coa primeira proxección, Tacholas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia e Presidente do Consorcio Audiovisual galego, Fernando Salgado, inauguraron este venres a segunda mostra de cine arxentino en Galicia, xunto co actor Eduardo Blanco, a actriz Uxia Blanco e Alberto Urthiague, Xerente de Fomento do INCAA.
As producións arxentinas serán proxectadas no auditorio do antigo Reitorado, na rúa Oporto, comezando co filme Tacholas mañá sábado ás 20 horas. Un total de seis filmes de recente produción conforman o ciclo que rematará o vindeiro día 19 de setembro.
A organización da 2ª Mostra de Cine Arxentino en Galicia pretende que en Vigo se poidan ver películas que non entran de maneira sinxela nos circuítos de exhibición ou que aínda non pasaron pola carteleira en España e que agora poidan ser vistas polo público vigués e galego
Nos últimos anos, o cine realizado na Arxentina está moi presente nas carteleiras españolas con moi boa acollida por parte de crítica e público. Este éxito débese aos seus argumentos de carácter universal, con historias reais, cribles e humanas, e á popularidade que adquiriron actores arxentinos como Ricardo Darín, Federico Luppi a saga dos Alterio, Miguel Ángel Solá, Eduardo Blanco ou Daniel Freire, entre outros.
Directores como Eliseo Subiela (El Lado Oscuro del Corazón, 1992), Juan José Campanella (El Hijo de la Novia, 2000), Fabián Bielinsky (Nueve Reinas, 2000) e Adolfo Aristarain (Lugares Comunes, 2002), conseguiron situar a creatividade cinematográfica arxentina na primeira liña do mercado de cine internacional.
Pase diario ás 20 horas
Nesta ocasión, o Consorcio contribúe unha vez máis a certificar o gran nivel e calidade da cinematografía gaucha e trae ás pantallas galegas seis producións seleccionadas polo Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Arxentina (INCAA) que se proxectarán no Salón do Antigo Reitorado da Universidade de Vigo nun único pase diario ás 20 horas entre os días 13 e 19 de setembro.
A película inaugural, Tacholas (Pepe Santiso, 2004), é un documental sobre Fernando Iglesias, "Tacholas", un actor de orixe galega que chegou a Buenos Aires en 1929 e participou en 52 filmes nacionais. O documental amosa anécdotas, fotografías e fragmentos das súas películas. O resto dos filmes: El Asaltante (Pablo Fendrik, 2007), Las Manos (Alejandro Doria, 2006), El Resultado del Amor (Eliseo Subiela, 2007), Sentimientos, Mirta de Liniers a Estambul (Jorge Coscia, 1987) e La Velocidad Funda el Olvido (Marcelo Schapces, 2007), proxectaranse desde o luns 15 ata o venres 19 de setembro.
Todas as proxeccións terán carácter gratuíto, previa recollida de entradas na conserxería do Antigo Reitorado da Universidade de Vigo e que xa están a disposición do público desde o pasado 10 de setembro, en horario de 9 a 20 h. (excepto o domingo).
Gala inaugural
Para inaugurar este evento cinematográfico, celebrarase un Acto de Apertura hoxe venres ás 20:45 no Salón de Actos do Museo MARCO de Vigo. A gala contará coa presenza e intervención das autoridades galegas e arxentinas organizadoras e dos actores arxentinos de recoñecido prestixio coma Eduardo Blanco (El mismo amor, la misma lluvia, 1999 e El hijo de la novia, 2001) e Daniel Freire (Lucía y el Sexo, 2001 e El Niño de Barro, 2006) así como unha actuación musical con artistas arxentinos.
Entre as autoridades do cine arxentino presentes durante estes días en Galicia, atópanse Jorge Coscia, Deputado Nacional e Presidente da Comisión de Cultura de la Honorable Cámara de Diputados de la Nación Argentina; ademais de cineasta distinguido con numerosos premios: Festival de La Habana, Cuba; Festival de Huelva; Cóndor de Plata; Premio Radio Matanzas, Premio Radio La Habana, Premio Discepolín e Premio Arturo Jauretche. Coscia foi parte do Primeiro Congreso de Integración do Cine Latinoamericano do que xurdiu a CACI, Conferencia de Autoridades Cinematográficas de Iberoamérica, matriz de Ibermedia.
Outros dos representantes arxentinos presentes na Mostra son Rómulo Pullol, Xerente Xeral do INCAA e Alberto Urthiague, Xerente de Fomento do INCAA, cargo que ocupa baixo a presidencia de Liliana Mazure e baixo o cal ten ademais a responsabilidade de ser representante do INCAA ante os Programas Ibermedia e Raíces.
Programa Raíces
Durante os días da Mostra, celebrarase unha Reunión do Programa Raíces co fin de anunciar a convocatoria para este ano. Das axudas deste Fondo beneficiáronse ata a data 9 coproducións hispano-arxentinas: Pérez, el ratoncito de tus sueños; Abrígate; La velocidad funda el olvido; El niño de barro; Algo habrán hecho; El vestido; Campo Cerezo; Pérez, el ratoncito de tus sueños II e Pepe el andaluz.
Algunhas destas películas lograron importantes recoñecementos, o que leva un importante éxito para o Programa Raíces. Pérez, el ratoncito de tus sueños fíxose co Goya á Mellor Película de Animación en 2007 e co premio á mellor película de animación na XIV edición do Festival de Cine Latino de San Diego (EE.UU.), ademais de ser unha das películas españolas máis rendibles do 2007. Outro exemplo é a longametraxe El niño de barro, que logrou uns resultados máis que razoables para unha ópera prima e unha acollida excelente en festivais internacionais, destacando o premio da prensa especializada á mellor longametraxe internacional no 19º Festival de Cine de Viña do Mar. Abrígate e La velocidad funda el olvido tamén conseguiron importantes premios en festivais nacionais e internacionais.
Descargar todas as imaxes