Urbanismo ratifica o convenio definitivo para a urbanización do Pobo Galego
O alcalde, Abel Caballero, explicou hoxe xoves o acordo co promotor, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), polo que a entidade, ademáis de erixir a súa nova sede, se compromete a urbanizar o terreo delimitado polas rúas Doutor Cadaval, Perú, Lugo e Príncipe; mentres que o Concello se encargará da remodelación das tres primeiras rúas e da subida desde Príncipe. <br />
O alcalde deu conta este xoves dos acordos adoptados este xoves pola Xerencia municipal de Urbanismo, sesión na que se ratificou o convenio definitivo de urbanización do ámbito do Pobo Galego.
Segundo explicou Abel Caballero, o acordo establece que o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COA), como promotor, e o Concello de Vigo urbanicen o espazo, modificado para que os traballos sexan homoxéneos e harmónicos.
O terreo interior que delimitan as rúas Doutor Cadaval, Perú, Lugo e Príncipe será urbanizado polo COAG, informou o alcalde, mentres que o Concello reformará as tres primeiras rúas e a subida desde Príncipe.
Abel Caballero explicou que o Concello acometerá o vindeiro ano 2009 a reforma de Doutor Cadaval, e deixará para anos sucesivos a urbanización de Perú, Lugo e a subida desde Príncipe.
Centro de Día
O rexedor municipal deu conta asemade da licencia concedida pola Xerencia ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a edificación dun Centro de Día na rúa O Grove, na parroquia viguesa de Coia. Esta dotación, tal e como recordou Abel Caballero, xa fora presentada polo Vicepresidente da Xunta de Galicia xunto co propio alcalde.
Ademais, Urbanismo concedeu a autorización á Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia para acometer obras de mantemento, reforma e mellora de varias vivendas protexidas nas rúas Martínez Garrido e Pateira, traballos por una valor de 1.067.000 euros.