xoves, 11 set 2008
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou hoxe o programa Sereos para reafirmar o compromiso do seu departamento co labor que desenvolven no Casco Vello. Sereos é un programa de saúde e conviencia, que desenvolve un traballo de rúa na procura da inserción social e iniciativas como a denominada "café-calor".<br />
xoves, 11 set 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudíu este xoves ao Colexio de Educación Infantil e Primaria Frián Teis como acto simbólico de inauguración do novo curso escolar para os rapaces. Alí, xogou xunto coa concelleira de Educación cos máis pequenos e presenciou unha clase de inglés cos maiores.
xoves, 11 set 2008
O IX Workshop de Axentes Físicos, que se está a celebrar hoxe xoves e mañá venres na Universidade de Vigo, é un foro de intercambio de experiencias sobre sistemas autónomos coma os robots. Vigo acolle por primeira vez este Congreso, que se ven celebrando desde 2000, e que hoxe foi presentado coa presenza do Rector da Universidade e do alcalde.
xoves, 11 set 2008
O concelleiro de Cultura, Xesús López, anunciou hoxe que o programa municipal "Vigo a escena" premitirá que os barrios e parroquias da cidade gocen con 39 actuacións teatrais ata que remate o ano. O concelleiro salientou que con esta iniciativa se presigue o dobre obxectivo de "democratizar a oferta cultural, achegándoa a toda a cidadanía", ao tempo que apoiar as compañías teatrais da cidade".
xoves, 11 set 2008
O Club Deportivo Amfiv contará con novo patrocinador para disputar a División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas e a competición europea para a temporada 2008/09, que comezará en outubro próximo. Así o anunciou hoxe o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, en rolda de prensa na que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, o presidente do club, Pablo Beiro, e o socio único de Aldasa, a empresa que se encargará do mecenado, José González.
xoves, 11 set 2008
Para os tres días que dura a disputa do Campionato do Mundo de Powerboat, Capitanía Marítima de Vigo e a organización dispuxeron unha zona de seguridade na Ría convenientemente sinalizada por aboias para salvagardar o percorrido e permitir que quen o desexe poida seguir as competicións desde o mar. Recoméndanse tamén diferentes alternativas para o seguimento das probas desde distintos puntos da cidade.
xoves, 11 set 2008
Vigozoo recibiu durante o mes de agosto a 2.300 visitantes máis que o ano pasado acadando un total de 18.400 persoas que viron a gozar do parque. Este incremento do número de visitantes á nosas instalacións consolídase xa que vense superando durante os últimos cinco anos. <br />