martes, 9 set 2008
Os tenentes de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, e Ourense, Alexandre Sánchez Vidal, expresaron hoxe o seu convencemento de que será necesario un investimento superior ao 8% previsto polo Goberno central nos orzamentos destinados a Galiza para que se poidan cumprir os prazos da chegada do AVE as dúas cidades. Domínguez e Sáchez Vidal manifestaron o seu apoio aos alcaldes de Vigo e Ourense en todas aquelas iniciativas que leven adiante para esixir o cumprimento dos compromisos feitos.
martes, 9 set 2008
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou hoxe o Consello Municipal das Migracións, un organismo co que se pretende involucar ás persoas emigrantes e inmigrantes retornados na elaboración das políticas que se desenvolvan desde o Concello de Vigo para estes colectivos. O regulamento do novo organismo sectorial foi aprobado inicialmente no último pleno e agora abrirase o periodo para a presentación de alegacións.
martes, 9 set 2008
A Casa Galega da Cultura acolle do 9 ao 21 de setembro a mostra "Diálogos en Cor" que vén sendo presentada con éxito en diversas localidades europeas, amosa a obra gráfica de diversos artistas do continente diagnosticados con Trastornos do Espectro Autista (TEA).A exposición está organizada pola Fundación Menela, a concellerís de Cultura e a Universidade de Vigo.
martes, 9 set 2008
O Gran Premio Turismo de Vigo, proba do Campionato do Mundo de powerboat, disputarase do 12 ao 14 deste mes no porto e ante a praia de Samil, e será a única cita do calendario do Mundial, que xa celebrou catro probas (San Benedetto, Marsella, A Valletta e Hammamet) e ao que tras Vigo lle quedarán as de Portimao (Portugal) e Manama (Bahrein).
ANUNCIO MOBILIDADE E SEGURIDADE
martes, 9 set 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de saneamento, a<br />
realizar pola empresa SERCOYSA, estará pechada ao tráfico a rúa Robleda, treito entre Santander e<br />
Sanjurjo Badía, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 10 de setembro de 2008 ás <br />
10:00 horas e por un período aproximado de dúas semanas.