Escoitar

O alcalde avanza que o mércores se coñecerá o número de atención aos afectados polo incendio de o Gorxal<br />

Abel Caballero desprazouse este martes ao parque de O Gorxal para informar aos veciños da zona da situación actual tras o incendio que destruíu a nave industrial e recabar as necesidades do entorno. O alcalde anunciou que mañá mércores se fará público o número de teléfono que coordinará a atención e información aos afectados; un dispositivo que pretende conceder "atención prioritaria e preferente" á zona.

martes, 9 set 2008
1220965843reunionvecinos.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este martes ao parque de O Gorxal para reunirse cos veciños afectados polo incendio que destruíu unha nave do polígono industrial de Cabral o pasado fin de semana.

Abel Caballero explicou que mañá mércores se fará público o número de teléfono ofertado polo Concello de Vigo que coordinará a atención e a información a disposición das empresas, dos empregados e dos afectados en xeral polos efectos da destrución da nave.

O alcalde garantiu ante un centenar de veciños a "atención prioritaria e preferente" que o Concello vai conceder á zona, para que recupere a súa normalidade. Así, os concelleiros de Vias e Obras, Limpeza, Emprego, Distritos e Urbanismo manterán reunións cos mesmos para escoitar as demandas e necesidades do lugar, garantir o benestar do entorno e analizar o futuro do polígono e as vivendas.

O rexedor informou aos veciños do estado de seguridade do edificio, que presenta unha estrutura sólida mais precisa o derrubo controlado dalgunhas partes que poñen en risco a seguridade do entorno, como un muro posterior ou chapas que precisan ser retiradas.

O alcalde púxose a disposición dos veciños e lles agradeceu o seu comportamento no día da catástrofe, a súa dedicación e a súa cooperación coas forzas de seguridade.

Os veciños, representados por dous voceiros encargados de recoller e dirixir as demandas da zona, reclamaron ao rexedor local ámbitos de gozo cidadá, aceras, parques infantís, e asfaltado.
Descargar todas as imaxes