Os tenentes de alcalde de Vigo e Ourense reclaman máis do 8% para garantir a chegada do AVE en prazo
Os tenentes de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, e Ourense, Alexandre Sánchez Vidal, expresaron hoxe o seu convencemento de que será necesario un investimento superior ao 8% previsto polo Goberno central nos orzamentos destinados a Galiza para que se poidan cumprir os prazos da chegada do AVE as dúas cidades. Domínguez e Sáchez Vidal manifestaron o seu apoio aos alcaldes de Vigo e Ourense en todas aquelas iniciativas que leven adiante para esixir o cumprimento dos compromisos feitos.
Santi Domínguez explicou ao remate da reunión que mantiveron hoxe que "hai que seguir mantendo a presión sobre os Gobernos do Estado e da Xunta" para garantir que o investimento nos vindeiros orzamentos sexa o axeitado para evitar retrasos nas obras. O tenente de alcalde vigués adiantou que "non nos vai valer a crise como desculpa. Se hai que recortar non pode ser en investimentos para cidade que teñen sido manifestamente maltratadas orzamentariamente".
O tenente de alcalde de Ourense manifestou que é unha preocupación común de ambas cidades "que a alta velocidade chegue en tempo e cumprindo os prazos". Alexandre Sánchez Vidal explicou que "estaremos detrás dos nosos alcaldes nesta reivindicación. Nós somos os serpas que axudamos a subir a montaña, porque queremos que cheguen ao cumio con éxito". Fixo tamén un chamamento ao municipalismo galego para que faga forza na demanda da alta velocidade e empregue neste obxectivo "as mesmas enerxías que as veces se adican a polémicas estériles".
Os tenentes de alcalde fixeron estas declaracións tras o encontro que mantiveron os concellerios nacionalistas de Vigo e Ourense para poñer en común proxectos e iniciativas. Este é a segunda xuntanza que manteñen, tras a celebrada o pasado mes de xuño en Ourense.
Sánchez Vidal explicou que o que se pretende con estes encontros é que "exista complementariedade entre ambas cidades". Pola súa banda, o tenente de alcalde vigués suliñou que as cidades galegas son as que deben liderar a vertebración do país e amosou o seu convencemento de que esta colaboración que se está a dar entre Vigo e Ourense se poda ampliar no futuro as demais cidades.
O encontro de hoxe permitiu afondar nalgunhas actuacións conxuntas en cuestións relacionadas coas áreas de Turismo e Cultura. Así Vigo será a primeira cidade que teña un premio dentro do Festival Internacional de Cine de Ourense, mentras que a cidade das Burgas tamén terá presenza en acontecementos que se celebren en Vigo e o primeiro será xa nas Xornadas Marisqueiras da vindeira fin de semana. Do mesmo xeito estanse a dar pasos para desenvolver un traballo conxunto de cara á celebración da feira de turismo Fitur.
Descargar todas as imaxes