Santi Domínguez inaugura a Festa do Comercio co obxectivo de dinamizar comercialmente As Travesas
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou hoxe unha nova edición da Festa do Comercio que nesta ocasión terá como escenario a zona de As Travesas. Ao longo de toda a semana haberá actividades, concursos e obradoiros na Praza do Emigrante co obxectivo de dinamizar e facer atraínte á zona a nivel comercial.<br />
Santi Domínguez explicou que como xa aconteceu no Calvario e en Teis, queremos "dotar as zonas comerciais de elementos que fagan que a xente se achegue e entendan o importante que é para esta cidade o pequeno e mediano comercio na xeración de tecido social, económico e xeración de riqueza". Todo o que gastemos no pequeno e mediano comercio vai repercutir directamente na nosa cidade". Reafirmou o seu convencemento de que existe un comercio de calidade e lembrou que os pequenos e medianos establecementos contan con 16.000 postos de traballo en Vigo, unha cifra que non supera ningunha gran área comercial, nin empresa.
O tenente de alcalde salientou que cando existen asociacións de comerciantes como é Aetravi nas Travesas "que está traballando para dinamizar a zona e apoiar ao pequeno e mediano comercio e moi fácil colaborar".
Pola súa banda o representante de Aetravi agradeceu o apoio que o comercio está a recibir da Tenencia de Alcaldía e da Concellería de Comercio. "É moi importante o seu apoio para que o noso comercio sexa coñecido e podamos dinamizalo", sinalou.
Descargar todas as imaxes