Escoitar

O alcalde e César Portela ratifican o comezo este mes das obras do Auditorio

O encontro mantido este venres entre o alcalde, Abel Caballero, e o arquitecto da obra, César Portela, certicou o cumprimento dos prazos adiantados polas partes o pasado mes de marzo. Ao remate da reunión, ambos manifestaron que o proxecto avanza con normalidade, co que no mes de setembro se iniciará o desterro do solar.

venres, 5 set 2008
1220618816p1.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres ao arquitecto encargado do novo auditorio da cidade, César Portela, un encontro que serviu para ratificar a normalidade coa que se está a desenvolver o proxecto, como ambos coincidiron en afirmar, o que supón o inicio do desterro neste mes de setembro.

Á finalización da reunión, o alcalde explicou que o proxecto executivo está "en marcha" e confía en que estea rematado a finais deste mes. O arquitecto confirmou que o documento executivo está "practicamente finalizado" a pesar de contar co 7 de outubro como data de entrega, segundo sinalou. Igualmente, o rexedor afirmou que o proxecto económico financeiro se está a ultimar.

Abel Caballero mostrou a súa "gran satisfacción" polo mantemento dos prazos do proxecto "que máis traballo me custou desde que son alcalde" e adiantou que "nunha ou en dúas semanas" comezará o desterro. César Portela mostrouse máis comedido e sinalou a "última semana de setembro, primeira de outubro" como datas posibles de comezo, e confirmou que "os prazos se van cumprir, por suposto".

No tocante ás catas arqueolóxicas, o arquitecto expuxo que baixo o solar atópase o recheo de arena e agua, ratificando o declarado con anterioridade polo alcalde, mais as catas continuarán mentres se produza a escavación.

O cumprimento dos prazos previstos permitiría a inauguración do Auditorio co concerto de Aninovo de 2011, unha instalación que contará cunha sala principal de 1.500 butacas.
Descargar todas as imaxes