Escoitar

Vigo acolle esta fin de semana o Campionato In-line Cavil 2008 no Castro e en Samil

Vigo converterase esta fin de semana no punto de encontro de numerosos patinadores de Galiza, España e Portugal para celebrar unha nova edición do Campionato In_Line Cavil 2008.

venres, 5 set 2008
O evento, organizado polo Club Vieja Escuela Roller co apoio da Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo, terá lugar o sábado, día 6, no skatepark do Castro e o domingo,7 no half-pipe da praia de Samil, en horario de 10:00 a 20:30 horas.

O público asistente poderá gozar dun bo espectáculo que contará coa participación de figuras de recoñecido prestixio a nivel estatal na modalidade amateur. Destacar a presenza de dous patinadores vigueses que obtiveron os títulos de gañador e terceiro clasificado no campionato estatal de half-pipe na categoría amateur.

Como actividades paralelas ao Campionato están previstas exhibicións de breakdance, a cargo dos grupos The Inthecisos Crew e The Black Shadows Crew. Haberá tamén música non-stop durante toda a fin de semana con diversos dj´s invitados e Dálit Crow aka Bruno González como dj oficial e un concerto do grupo vigués CRÓ, seguido de sesións de dj´s, o sábado pola nopite nun local de Churruca. Paralelamente sortearanse patíns entre o público asistente

Pode atoparse máis información nas páxinas www.viejaescuela.es, elpetitsuisse@gmail.com, efiroll@hotmail.com e jlrc.x1@gmail.com