Escoitar

A concelleira María Méndez reafirma o compromiso do Concello no Día Internacional do Cooperante

A concelleira de Benestar, María Méndez, reafirmou hoxe na celebración do Día Internacional do Cooperante, o compromiso do Concello cos acordos internacionais en materia de cooperación. A concelleira anunciou que o seu departamento ampliará paulatinamente as partidas destinadas á cooperación co obxectivo de incrementar o apoio que desde o Concello se ven ofrecendo ás políticas dirixidas á erradicación da pobreza e as desigualdades no mundo.

luns, 8 set 2008
María Méndez salientou que a cooperación é "a fórmula para vertebrar a solidariedade cos pobos e sociedades máis desfavorecidas". A concelleira gabou o traballo desinteresado que desenvolven os cooperantes e fixo fincapé na importancia que ten o seu labor para acadar unha sociedade máis igualitaria.

A concelleira de Benestar Social manifestou que desde o Concello de Vigo vanse ir incrementando os recursos destinados á cooperación, ao tempo que se vai desenvolver un traballo coordinado coas asociacións do sector. Neste senso, anunciou que o vindeiro 15 de setembro reunirase de novo o Consello Municipal de Cooperación ao Desenvolvemento, que había varios anos que non o facía. María Mendez adiantou tamén que e se incorporarán novas entidades ao Consello.