Escoitar

María Méndez salienta a creación do Consello das Migracións como un instrumento para avanzar na integración

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou hoxe o Consello Municipal das Migracións, un organismo co que se pretende involucar ás persoas emigrantes e inmigrantes retornados na elaboración das políticas que se desenvolvan desde o Concello de Vigo para estes colectivos. O regulamento do novo organismo sectorial foi aprobado inicialmente no último pleno e agora abrirase o periodo para a presentación de alegacións.

martes, 9 set 2008
1220964456migracion.jpg
A concelleira nacionalistas sinalou que neste momento hai en Vigo 12.262 extranxeiros, dos que 11.983 son non comunitarios. A responsable de Benestar Social explicou que este colectivo moitas veces descoñece os recursos que as administración teñen ao seu dispor e tampouco coñecen os mecanismos que teñen que empregar para recibir os servizos aos que teñen dereito. "A integración laboral dase, pero non vai parella coa integración social e é aí onde hai que actuar para evitar que se xere conflictividade", precisou. É por elo, que María Méndez considera que é fundamental adopatar medidas que favorezan a integración real das persoas inmigrantes, pero defende que estas medidas se teñen que aplicar "contando con eles".

O Consello Municipal das Migracións será un organismo de participación, diálogo e consulta no que os representantes dos diferentes colectivos de emigrantes e inmigrantes exporán as súas necesidades. "Queremos que as persoas ás que lles atinxen directamente as medidas que se adopten nos asesoren", dixo. María Méndez engadiu que a creación deste organismo era unha demanda do colectivo inmigrante, que considera que é un paso fundamental para evitar situacións de exclusión social.

A concelleira nacionalistas adiantou que desde o seu departamento ampliaranse nos vindeiros meses as medidas a adoptar de cara ao sector inmigrante. Así sinalou que se van facer traballos sobre o terreo nas distintas zonas da cidadde, empezando polo Casco Vello, para coñecer a situación na que viven os inmigrantes e detectar as súas necesidades. Desenvolveranse tamén cursos para a formación de mediadores, que incidirán fundamentalmente en violencia de xénero, sanidade e educación. Por último, María Méndez explicou que tamén se van a ampliar os recursos para achegar a información as persoas que chegan á cidade e no Servizo de Empadroamento do Concello haberá dípticos en seis idiomas informando de todos os recursos que teñen a súa disposición.
Descargar todas as imaxes