Escoitar

Exposición internacional de arte de persoas con autismo "Diálogos en Cor"

A Casa Galega da Cultura acolle do 9 ao 21 de setembro a mostra "Diálogos en Cor" que vén sendo presentada con éxito en diversas localidades europeas, amosa a obra gráfica de diversos artistas do continente diagnosticados con Trastornos do Espectro Autista (TEA).A exposición está organizada pola Fundación Menela, a concellerís de Cultura e a Universidade de Vigo.

martes, 9 set 2008
1220962992cartelautismo.jpg
Entre outros, destaca a obra da pintora viguesa Yolanda Manrique, quen recibiu o segundo premio desta exposición que se celebrou en Oslo o 31 de agosto de 2007 coincidindo co VIII Congreso Internacional de Autismo Europa e vén de ser galardoada co terceiro premio da mostra "Mi vida desde tu pincel" da Federación FAMMA-Cocemfe de Madrid. Igualmente participa nesta mostra outro pintor da Fundación, Luís Eduardo González que foi premiado en diversos concursos de ámbito autonómico e local.

Esta exposición trata de dar a coñecer a produción artística de diversas persoas con discapacidade dun xeito dinámico e atractivo para calquera tipo de público, cunha visión positivista que amosa dende distintas ópticas como son e como interpretan a realidade as persoas con autismo. A mensaxe vai dirixida especialmente á comunidade universitaria, o que lle dá ao proxecto un carácter de transformación social e de futuro.

O día da inauguración, 9 de setembro, a comisaria da mesma, Laura Esteban, pronunciará unha conferencia sobre: Arte e Autismo na Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova, de Vigo, ás 20.00 h.

A mostra pode visitar en horario de luns a venres de 18.00 a 21.30 horas; os sábados de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30; os omingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas.
Descargar todas as imaxes