Santi Domínguez presenta á empresa Aldasa como novo patrocinador do club Amfiv
O Club Deportivo Amfiv contará con novo patrocinador para disputar a División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas e a competición europea para a temporada 2008/09, que comezará en outubro próximo. Así o anunciou hoxe o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, en rolda de prensa na que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, o presidente do club, Pablo Beiro, e o socio único de Aldasa, a empresa que se encargará do mecenado, José González.
Santi Domínguez asegurou que as administracións "estamos en débeda co Amfiv porque fai un servizo social impagable", e lembrou que se ninguén se exporía nunca a "desaparición dun centro de saúde", tampouco estaba na súa mente que o Amfiv desaparecese, "porque desaparecería un labor social". De feito, o tenente de alcalde confirmou que había fórmulas de axuda pensadas en caso de non lograr un patrocinio privado. Santiago Domínguez considerou "equipo prioritario" ao Amfiv e exemplificou coas súas escolas deportivas para mozos discapacitados, nas que recuperan a ilusión duns 40 deportistas. Tamén celebrou que os dous medallistas paralímpicos da provincia en Pequín 2008, Chano Rodríguez e Pablo Cimadevila, se formaran no Amfiv
Pablo Beiro, presidente do club, agradeceu ao tenente de alcalde as súas xestións para lograr este patrocinio e "por que sempre apostou pola integración do discapacitado". Tampouco se esqueceu do anterior patrocinador, Vital Vigo, ao que agradeceu a súa axuda estes anos. Beiro anunciou que na próxima semana haberá a presentación dunha fichaxe, que se está negociando con outro xogador e que será "moi complicado" repetir os éxitos do ano pasado. Diego Núñez segue como adestrador.
O patrocinador, pola súa banda, dixo que fora unha decisión "doada" porque á empresa tamén lle interesa o labor social e o Amfiv cumpre con ese requisito. "Santi Domínguez ofreceunos a posibilidade e non o dubidamos. Queremos involucrarnos coas persoas e que o Amfiv poida axudar a moita xente". Aldasa, cuxo mercado principal é a obra pública, patrocina en Ferrol a un equipo de baloncesto e tamén colabora en tenis. Todo iso, grazas ao declarado interese de González Freire polo deporte. Ademais, avanzou que hai "moitas posibilidades de continuar o patrocinio por moitos anos".
Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, dixo que a Concellaría está realizando "un gran esforzo para apoiar a todos os clubs" e para iso desembolsáronse 290.000 euros e adiantouse o 80% das subvencións á elite.
Descargar todas as imaxes