Escoitar

O alcalde abriu en Vigo o IX Encontro Nacional sobre Robótica

O IX Workshop de Axentes Físicos, que se está a celebrar hoxe xoves e mañá venres na Universidade de Vigo, é un foro de intercambio de experiencias sobre sistemas autónomos coma os robots. Vigo acolle por primeira vez este Congreso, que se ven celebrando desde 2000, e que hoxe foi presentado coa presenza do Rector da Universidade e do alcalde.

xoves, 11 set 2008
1221139443industriales1.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este xoves na facultade de Industriais da Universidade de Vigo o IX Workshop de Axentes Físicos, que se celebra hoxe e mañá venres por primeira vez na cidade olívica.

O rexedor destacou os workshop coma os "elementos xenuínos e máis concretos" dos procesos de investigación e salientou que os organismos públicos deben respaldalos para concienciar á sociedade do "esforzo" dos investigadores, pois son "o futuro dunha sociedade avanzada", subliñou.

No encontro participan grupos de investigación españois e internacionais en áreas asociadas tanto aos sistemas de control autónomos como á intelixencia artificial aplicada á robótica e á domótica.

Este Congreso se ven celebrando anualmente desde o ano 2000 e pretende ser un foro de encontro que permita o intercambio de información e experiencias relacionadas coa aplicación do concepto de axente en plataformas físicas, especialmente no control e coordinación de sistemas autónomos: robots, robots móbiles, procesos industriais ou sistemas complexos.

O obxectivo principal é dar a coñecer traballos científicos, resultados de investigacións no ámbito das xornadas, tanto por grupos nacionais como internacionais.

Ademais de ser un foro de debate, esta iniciativa pretende fomentar a cooperación entre os grupos investigadores, que proveñen en moitos casos de distintos campos do coñecemento, como pode ser a informática, a automática e a electrónica.
Descargar todas as imaxes