O alcalde comparte a apertura do curso escolar cos nenos do CEIP Frián Teis
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudíu este xoves ao Colexio de Educación Infantil e Primaria Frián Teis como acto simbólico de inauguración do novo curso escolar para os rapaces. Alí, xogou xunto coa concelleira de Educación cos máis pequenos e presenciou unha clase de inglés cos maiores.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, inauguraron este xoves o curso lectivo no CEIP Frián Teis.
Abel Caballero visitou as aulas dos máis pequenos e compartiu con eles distintos xogos que estaban a realizar, e acudiu asemade a unha clase de inglés dos máis maiores, onde estivo a falar neste idioma con algúns dos alumnos.
Descargar todas as imaxes