Escoitar

María Méndez reafirma o seu apoio ao programa Sereos co que se asina un novo convenio de 81.000 euros

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou hoxe o programa Sereos para reafirmar o compromiso do seu departamento co labor que desenvolven no Casco Vello. Sereos é un programa de saúde e conviencia, que desenvolve un traballo de rúa na procura da inserción social e iniciativas como a denominada "café-calor".<br />

xoves, 11 set 2008
1221138703visitamariasereos.jpg
A nacionalista quixo salientar que "á exclusión social non existe, porque toda a xente que pode atoparse nesa situación pode ser reinsertable e ese é o traballo no que temos que incidir". A este respecto sinalou que as intervencións que Sereos está facendo no Casco Vello non só van dirixidas á recuperación social desas persoas, senon tamén se traballa coa veciñanza para evitar o rexeitamento.

A concelleira sinalou que se acaba de asinar un convenio con Sereos por valor de 81.000 euros, dos que o Concello aporta algo máis de 52.000 e o resto o colectivo Óscar Romero. María Méndez anunciou tamén que se fará un investimento de 8.000 euros na mellora do local que ocupan na rúa Elduayen e tamén se incorporarán cinco novos traballores para facer traballo de educación social.

O colectivo co que traballa Sereos abrangue persoas en drogadición activa, sen teito, enfermas, empobrecidas, maiores,... O programa conta con 383 usuarios e ten unha media de 185 atencións diarias.
Descargar todas as imaxes