O museo Verbum recupera a historia das mobilizacións estudantís do 68 en Compostela
Os próximos días 11 e 18 de setembro terá lugar no museo Verbum Casa das Palabras, dúas mesas redondas sobre "A busca das condicións obxectivas na Universidade de Santiago de Compostela" e "O 68 Compostelán e as súas Consecuencias".
Este ciclo de conferencias englóbanse dentro da exposición "Do Gaudeamus igitur ao Venceremos Nós" referida ás mobilizacións estudantís do 68 en Compostela, que está presente no museo vigués até o día 28 de setembro. Contarase cun servizo de visitas guiadas a centros escolares entre o 23 e 26 deste mes a cargo do comisario da mostra, Ricardo Gurriarán.
A mesa do xoves 11 de setembro ás 20:00 horas baixo o título "A busca das condicións obxectivas na Universidade de Santiago de Compostela", estará moderada por Víctor Santidrián e nela participan: Camino Noia Campos, Xesús Sanxuás Formoso, Fernando Martínez Randulfe e Alberto Martín de Hijas, persoas que estaban a rematar os seus estudos no curso 67/68 coa única consigna de acabar con tanta intolerancia en aspectos como a democratización das estruturas universitarias e a demanda de liberdades, que ademais foron testemuñas activas de como estalou o conflito e de como este se viña
xerando xa dende o ano 1965. Os participantes detallarán máis sobre as orixes do conflito.
Obxectivo das charlas
O fin das mesas redondas é acercar ao público a esta revolta estudantil, onde Santiago de Compostela foi partícipe e testemuña da axitación que se vivía. A USC uniríase a un proceso reivindicativo que universidades como as de Madrid, Barcelona e Valencia xestaron dende principios dos 60. Neste período os estudantes crearían as "Asembleas Libres de Estudantes Universitarios", que lles axudaría a fraguar todas as estratexias que desenvolverían ao longo da súa loita.
Era de esperar e as reaccións policiais non tardaron en ser visíbeis cun sen fin de represalias cara á mocidade, así que a mediados de marzo, ademais das folgas e as constantes manifestacións que xa tiñan lugar na Universidade e nas súas distintas facultades recorren ao famoso "encerro de tres días" na sede central da Universidade, creando un ambiente de tensión aínda maior do que xa existía.
Unha sucesiva e incesante cadea de accións en contra do réxime, das súas políticas e a favor da liberdade e o dereito a cuestionar ás autoridades académicas, (momento complicado para derrocar a ditadura), foron pasos que axudaron no transcurso do tempo a recuperar eses soños de liberdade e democracia.
Os nosos relatores recordarannos xa non só unha época difícil para o país senón unha situación difícil no mundo; As mobilizacións estudantís no 68… Compostelán.
Pequena reseña dos participantes:
Camino Noia Campos: Profesora na Universidade de Vigo (Filoloxía Galega). Provén dos movementos cristiáns.
Xesús Sanxuás Formoso: Avogado en Vigo, un dos principais activistas no conflito e integrante da liña cultural galeguista que desembocou despois no nacionalismo. Rematou os seus estudos de Dereito no 68.
Alberto Martín de Hijas: Licenciado en Física e Química (facultade na que estala o conflito) e profesor de secundaria en Vigo. Sufriu os expedientes sancionadores da universidade.
Fernando Martínez Randulfe: Avogado en Vigo. Provén dos movementos cristiáns.
Descargar todas as imaxes