Máis de trescentos padeeiros participan o sábado no Campionato de España de kaiak de mar en Bouzas
Máis de trinta clubs de toda España inscribíronse para disputar en Vigo a terceira edición do Campionato de España de kaiak de mar este sábado, con saída ás 17.30 horas do peirao de Bouzas.
Serán uns 300 padeeiros os que compitan pola vitoria en todas as categorías de K-1 (cadetes, junior, senior, veteranos e tradicional) e K-2 (junior, senior, veteranos e mixta), nun evento patrocinado pola Concellería de Deportes e que organiza o Club Kaiak Vigo, nacido no verán de 2006 e que preside Jaime Villar.
Para Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, é motivo de satisfacción que se poida gozar dun campionato de nivel ""nun marco como o da Ría", dixo, e que, ademais, "en setembro non haxa prazas hostaleiras", grazas ao importante número de participantes no campionato de kaiak e no Mundial de powerboat, coincidente en datas na Ría.
En rolda de prensa no Concello, o vicepresidente da Real Federación Española de Piragüismo, José Paredes, considerou Vigo como "un lugar idóneo" e remarcou o importante número de clubs inscritos. O Real Club Náutico de Palma, con 31 kaiakistas, é o que maior representación traerá, seguido polo Club Kaiak Vigo (28), o Villajoyosa (27) e o R.C.N. Portopetro. A organización destacou a presenza do campión do mundo de K-1 maratón, Manuel Busto, equipos de España e Portugal así como o campión mundial de surf ski.
Salvo os cadetes, que irán de Bouzas a Toralla (10 quilómetros en total), o resto de categorías cubrirá un percorrido de 14 quilómetros, partindo do peirao de Bouzas, deixando a Toralla á súa esquerda e alcanzando Cabo Estai; tras a ciaboga, entrada dos padeeiros pola ponte de Toralla, paso por Samil e chegada a Bouzas.
Descargar todas as imaxes