Escoitar

Corre con Vigo regresa o luns a Castrelos con novidades tras o éxito do programa inicial

O exitoso programa Corre con Vigo retorna a Castrelos á vez que o curso escolar, é dicir, do 15 de setembro a xuño, e mantendo a filosofía de deporte saudable gratuíto para todas as idades con que se puxo en marcha. O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou hoxe facendo un chamamento á participación dos vigueses e as viguesas.

venres, 12 set 2008
1221222568correconvigo.jpg
Todo aquel cidadán que desexe participar nesta iniciativa poderá facelo no parque de Castrelos os luns, mércores e xoves de cada semana a partir das 19.00 horas. Do mesmo xeito que no curso pasado, a Concellería de Deportes dispuxo unha licenciada en INEF, Mariña Abruñedo, para coordinar aos deportistas. Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, afirmou hoxe en rolda de prensa que na experiencia anterior atopouse coa agradable resposta das mulleres, pois "foron unha importante porcentaxe de participantes, o que demostra a boa acollida que tivo". O curso anterior houbo 155 inscritos, cifra moi respectable.

Corre con Vigo pretende que o cidadán faga exercicio físico, pero este ano ademais dá unha nova oportunidade, pois todo aquel que desexe prepararse para as probas populares que na cidade realízanse durante o ano, poderá solicitar á monitora que lle prepare un programa adecuado en función das súas capacidades. Ademais, a cada persoa que entre no programa (sen compromiso de permanencia, os días que poida, porque é unha actividade aberta, libre e de balde) entregaráselle como novidade un test de actitude física que será revisado por un médico para detectar calquera problema que poida ter o deportista.

Como na edición anterior, Corre con Vigo habilita uns vestiarios en Castrelos. O concelleiro de Deportes lembrou que con esta oferta cumpre cunha das súas premisas, "que todo o mundo teña acceso á práctica deportiva", e animou aos vigueses a achegarse a Castrelos. Mariña Abruñedo, a responsable técnica, destacou que "ningún deportista exercítase só", senón que se fomenta a actividade colectiva. E quen non queira correr senón que prefira camiñar, tamén poderá facelo acompañado. "Ninguén fará actividades soa", asegurou. O programa, ademais, fomenta os lazos de amizade entre os participantes.
Descargar todas as imaxes