O tenente de alcalde inaugura as Xornadas Marisqueiras que se celebran ata o domingo<br />
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o presidente da Autoridade Portuaria, Xesús Paz, inauguraron hoxe as Xornadas Marisqueiras "Vigomar 2008", nun acto no que o pregoeiro, o xornalista Jacobo Buceta, ensalzou as bondades do noso marisco e da nosa cociña frente as novas tendencias culinarias que se están impoñendo. Ata o domingo repartiranse unhas 60 toneladas de marisco.
Santi Domínguez salientou que nesta sexta edición as Xornadas están xa ben consolidadas e o obxectivo para o futuro é convertilas nunha festa gastronómica de referencia. O tenente de alcalde fixo tamén mención ao importante papel que "Vigomar" desenvolve como foco de actración turística. "Como concelleiro de Turismo preocúpame a promoción de Vigo. Temos que vender cidade e este é un xeito de facelo", sinalou.
O tenente de alcalde dixo que "podemos estar orgullosos da nosa riqueza, da nosa ría, dos nosos produtos do mar e temos que preservalos e coidalos porque neles está a ensencia da nosa cidade".
Pola súa banda o presidente do Porto agradecu o traballo dos traballadores e traballadoras da Berbés que fan posible a celebracións destas Xornadas. Xesús Paz fixo un chamamento á cidadanía para que goce do Berbés que abre estes días as súas portas a todo o mundo. "Podemos apreciar este días a última fase dun traballo de moitos homes e mulleres que desde a extración á comercialización levan o nome de Vigo polo mundo", resaltou.
O pregoeiro das Xornadas Marisqueiras foi nesta ocasión o xornalista Jacobo Buceta, quen demandou dos vigueses e viguesas un compromiso para falar das excelencias do noso marisco alí por onde vaian. Salientou que é un dos nosos valores que temos que potenciar. Do mesmo xeito dixo que agora que estamos en temos nos que se fala moito da cociña molecular hai que apostar pola auténtica cociña galega e polos produtos do noso mar, que non precisan de máis que auga e loureiro para resultar exquisitos.
Na inauguración das Xornadas Marisqueiras participou tamén o tenente de alcalde de Oursense, Alexandre Sánchez Vidal, xa que por primeira vez a cidade das Burgas está presente en "Vigomar" cun stand propio. Hoxe celébrase na festa o Día de Ourense, no que é o primeiro paso para estreitar a relación co Festa Marisqueira que se celebra nesa cidade no mes de xullo.
Descargar todas as imaxes