Chega a Vigo a Festa dos Axóuxeres
O domingo 14 de setembro a partir das 12h. terá lugar na praza do Rei a II Festa dos Axóuxeres, espectáculo para bebés, cativos e as familias, onde gozar de actividades e actuacións especiais.

A Festa dos Axóuxeres é un espectáculo deseñado para que participen nel de xeito activo bebés e cativos e para que os familiares que os teñen ao seu cargo compartan con eles esta experiencia. Seis músicos e sete actores, xunto cun equipo de producción integrado por outras seis persoas, darán vida a este evento.
Os asistentes á cita coa Festa dos Axóuxeres poderán mergullarse nun espectáculo dunha hora de duración que convida a facer unha suxestiva viaxe polos cinco sentidos, con arrolos, cancións, coreografías, xogos, adiviñas e recursos propios das artes escénicas, entre outros moitos medios, adaptados todos eles ás idades do público ao que vai dirixido preferentemente este programa.
A iniciativa , organizada pola secretaría xeral de Política Lingüística e na que colabora o servizo de Normalización Lingüística do Concello , ten como finalidade prioritaria fomentar a transmisión da lingua galega no seo da familia e dar así cumprimento a un dos obxectivos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega.