Última semana para visitar a exposición ‘O MEDIO É O MUSEO’ no Marco
Esta semana é a última na que permanecerá aberta ao público a exposición ‘O MEDIO É O MUSEO’, un proxecto dos novos comisarios galegos Pedro de Llano e Pablo Fanego, coproducida polo MARCO de Vigo e o Koldo Mitxelena Kulturunea de San Sebastián, que dende o 20 de xuño ocupa as salas da planta baixa, e que se clausura o domingo 21 de setembro.
O MEDIO É O MUSEO ofrece un percorrido singular por distintas propostas de artistas que teñen en común a súa actitude cara ao museo, neste caso o MARCO de Vigo, como lugar de acción e experiencia, como ‘medio’, en relación directa co espazo e o contexto en que a obra ten lugar. Non faltan pezas que sorprenden e desafían a capacidade de percepción do visitante, como o ‘Muro móbil invisible’ de Jeppe Hein, as cámaras ‘ocultas’ de Maider López, o Intruso de Sancho Silva, que conecta o interior e o exterior do edificio, ou a parella de bailarins que, de forma continuada, interpretan a obra Kiss, de Tino Sehgal, na rotonda central da planta baixa.
Unha vez clausurada en Vigo, a mostra viaxa á súa nova sede, o Koldo Mitxelena Kulturunea de San Sebastián, onde se inaugurará o 23 de outubro, ata o 3 de xaneiro de 2009. Como no caso de Vigo, o proxecto para o Koldo Mitxelena inclúe varias obras producidas especificamente para este espazo.
Descargar todas as imaxes