O alcade subliña que "en 2009 a carga fiscal vai diminuir" na cidade
Abel Caballero informou este luns do acordo adoptado polo goberno local, polo que os impostos reais se conxelan e diminúe a carga fiscal cunha "visión social". Segundo explicou o alcalde, se establece un novo sistema que reduce nun 3% o imposto de bens inmobles, se incrementan as dedución aos vehículos ecolóxicos e se amplías ás parellas de feito a bonificación do 50% na transmisión por mortis causa da vivenda habitual.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou do acordo adoptado na Xunta de Goberno Local deste luns polo que "en 2009 a carga fiscal vai diminuír", segundo salientou o rexedor.
Abel Caballero explicou que "se aplica o principio de conxelación dos impostos" pois se actualizan co IPC, que este ano é dun 4,2%. Nas ordenanzas aprobadas hoxe, hai ademais elementos que significan "maiores deducións" para os cidadáns, subliñou.
Así, o alcalde afirmou que non se aplica a subida do IPC ás taxas de prestación de servizo dos centros de día, das escolas de primeira etapa e á prestación de axudas no fogar, e, no caso das dúas últimas, se aumenta o 4,2% nos tramos de renda que delimitan o pago, co que o vindeiro ano novos cidadáns poderán acollerse ás novas prestacións.
Ademais se exime do aval bancario solicitado aos cidadáns que desexen aprazar o pago dunha débeda co Concello inferior aos 3.000 euros. Un aval que, segundo expresou o alcalde, podería alcanzar os 200 euros.
O rexedor explicou tamén que a bonificación do 50% aos cónxuxes na transmisión da vivenda habitual por mortis causa se amplia agora ás parellas de feito rexistradas como tal; unhas 2.500 segundo informou.
3% menos no IBI
As ordenanzas establecen un novo sistema especial do pago voluntario do IBI para particulares que implica unha redución do 3% do imposto. Para poder acollerse é necesario solicitalo do 1 de xaneiro ao 1 de marzo no Concello ou a través de Internet, domiciliar o pago e estar empadroado en Vigo.
Os que se acollan ao sistema voluntario poderán efectuar o pago en dous abonos: o 31 de maio, pagando o 50% do total do recibo do ano anterior, e o último día da recadación voluntaria a cantidade restante, coa dedución do 3% incluída.
Bonificacións aos vehículos ecolóxicos
Abel Caballero deu conta asemade das novas "medidas para reducir as emisións de gases da cidade". Deste xeito, o alcalde informou que Vigo e "o primeiro Concello de España" en aplicar e adaptar o Plan VIVE do Estado, xa que os vehículos que emitan menos de 120 gramos por quilómetro de CO2 recibirán un 75% de bonificación no imposto de circulación durante dous anos.
A esta medida poden adherirse, afirmou o mandatario local, todos os modelos C1 de Citroën. Asemade, un beneficio das mesmas características o recibirán os autotaxis propulsados por gas licuado (GLP).
Descargar todas as imaxes