xoves, 18 setembro 2008

O tenente de alcalde amosa o seu respaldo á iniciativa veciñal para que se debata e Lei de Área Metropolitana

xoves, 18 set 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, trasladou hoxe o seu respaldo aos representantes da Federación de Asociacións de Veciños de Vigo "Eduardo Chao" a respecto da iniciativa popular que presentaron para que o Parlamento galego acepte debatir a Lei de Área Metropolitana de Vigo. Dominguez coincide coa Federación Veciñal en que non se pode retrasar máis un debate que é fundamental para o desenvolvemento futuro de Vigo e a súa área de influencia.

Programación do Marco para o último trimestre do ano

xoves, 18 set 2008

O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, deu a coñecer a programación que terá lugar nos próximos meses: exposicións temporais, concertos e festivais, programación audiovisual, programación didáctica, cursos e talleres, actividades da Biblioteca-Centro de Documentación e da Agrupación de Amigos do MARCO, entre outras actividades.

A oferta inclúe cursos de formación musical, informática e artes escénicas

Aberta a inscrición nos cursos gratuítos do Súbete ó Castro

xoves, 18 set 2008

O programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ó Castro", da Concellaría de Xuventude, ven de abrir o período de inscrición para os cursos gratuítos que oferta, e que arrancarán o vindeiro mes de outubro.<br />