Benestar Social destina 20.000 euros aos obradoiros paralelos da Asociación de Enfermos de Alzheimer <br />
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou hoxe que o Concello de Vigo estableceu por primeira vez un convenio coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afaga) para colaborar no desenvolvemento das actividades que promove. Concretamente vanse a aportar 20.000 euros para o programa "Obradoioros paralelos", dirixido aos enfermos e os seus familiares.
"Desde o Concello de Vigo queremos contribuir a facer máis levadeira a carga que esta enfermidade supón tanto para os pacientes como para os seus familiares", salientou a concelleira nacionalista. María Méndez explicou que ata o de agora Afaga recibía subvencións do Concello, pero con este convenio refórzase esta colaboración e increméntase a cuantía.
Con estes obradoiros o que se pretende é traballar cos enfermos, especialmente cos que están nas fases iniciais da enfermidade, para enlentecer o proceso. Ao tempo, tamén se vai asesorar ás familias nos protocolos de atención, nas pautas de actuación diarias e en todas aquelas necesidades que teñan. Nos obradoiros van participar 40 pacientes que recibirán tres horas de atención semanais.
O presidente de Afaga, asociación que atenden a unhas 800 persoas ao longo de ano, suliñou a importancia que ten o feito de plasmar nun convenio a colaboración entre a Administración local e a asociación para continuar afondando na atención a estes enfermos e as súas familias. "A medida que avanza a enfermidade o deterioro é maior, tanto do paciente como dos seus coidadores, é por iso protocolos como este son fundamentais para seguir tentando mellorar a calidade de vida destas persoas", indicou.
A concelleira, que lembrou que o 21 de setembro se celebra o Día Mundial do Alzheimer, incidiu no feito de que Vigo está sendo pioneira na atención a este tipo de enfermos e os seus familiares. Ademáis de ser Afaga a primeira asociación deste tipo en Galiza, a cidade tamén está na vangarda no traballo de asistencia. María Méndez lembrou tamén que Vigo vai ser a primeira cidade que conte cun centro específico para enfermos de alzheimer dentro da rede que está a desenvolver a Vicepresidencia da Xunta.
Descargar todas as imaxes