Escoitar

Cesión dos terreos para a construcion da escola de arte dramática

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a delegada territorial en Vigo da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, Begoña Martín, asinaron hoxe martes ante notario a formalización da cesión dos terreos en Navia da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. O valor do solo, explicou o rexedor, "xira en torno aos 600.000 euros". <br />

martes, 16 set 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, formalizou hoxe martes ante notario a cesión dos terreos na parroquia viguesa de Navia para a construción da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, asinada xunto coa delegada territorial en Vigo da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, Begoña Martín.

O valor do solo cedido polo Concello de Vigo á Xunta de Galicia "xira en torno aos 600.000 euros", segundo precisou o alcalde ao remate do encontro.