O alcalde fai oficial que o vindeiro luns se reanudan as obras do auditorio
Abel Caballero informou este martes da aprobación por parte do goberno vigués do Plan Económico Financeiro do Auditorio Palacio de Congresos, o que lle confire "luz verde absoluta para a construción", traballos que se reanudarán o vindeiro luns, 22 de setembro, segundo explicou o rexedor. O texto contempla unha concesión a 60 anos e un investimento de 86,5 millóns de euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou en rolda de prensa que os traballos do novo Auditorio Palacio de Congresos de Vigo se reanudarán o próximo luns, 22 de setembro, tras ser aprobado hoxe martes o Plan Económico Financeiro por parte da Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria.
Esta aprobación provisional, pois a definitiva se producirá tres meses despois da apertura da instalación, supón "luz verde absoluta para a construción" desta "obra magnífica", que contempla unha concesión a 60 anos e un investimento de 86,5 millóns de euros, salientou o alcalde.
Abel Caballero cifrou en 23,2 millóns de euros a achega das administracións públicas, 7 millóns menos do establecido no concurso, e en 4,95 millóns ás subvencións á explotación.
O rexedor vigués mostrouse "moi satisfeito" pola aprobación en condicións "extraordinariamente favorables para o sector público" do Plan dunha edificación "xurídica e económicamente impecable", e quixo facer un recoñecemento expreso á entidade privada implicada na construción, pois, segundo afirmou, a infraestrutura está "nos limiares da rendibilidade", expresou.
A data de apertura do Auditorio Palacio de Congresos de Vigo será o 1 de xaneiro de 2011, segundo ratificou Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes