Abel Caballero anuncia a publicación "inmediata" das condicións para adquirir unha praza para residentes nos novos aparcadoiros
O alcalde adiantou hoxe luns a modificación da publicación e contratación do aparcamento para residentes aprobada polo goberno local, polo que se publicarán "de forma inmediata" as condicións necesarias para adquirir unha das 717 prazas reservadas nos seis novos parkings soterrados da cidade. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns desta corrección, que permitirá a publicación das condicións "de forma inmediata" para que os interesados poidan coñecer os requisitos de acceso a unha das 717 prazas reservadas.
Ata a modificación acordada hoxe en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, as concesionarias tiñan a obriga de publicar as condicións 12 meses antes do remate das obras. Co gallo de que o párking soterrado de Pintor Colmeiro xa se atopa nesa fase, o goberno acordou cambiar esta cláusula, polo que agora pasa a ser este prazo de "alo menos 12 meses", explicou o alcalde.
Abel Caballero informou do número de prazas dispoñibles en cada caso: 118 en Rosalía de Castro, 95 en Jenaro de la Fuente, 203 na Avenida de Castelao, 109 no aparcadoiro do Areal, 114 en Policarpo Sanz e 78 no de Pintor Colmeiro.
A este respecto, o alcalde sinalou que xa ten encargado un plan para construír novos aparcamentos "prioritariamente" para residentes, atendendo á alta demanda recibida no Concello.