Programación do Marco para o último trimestre do ano
O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, deu a coñecer a programación que terá lugar nos próximos meses: exposicións temporais, concertos e festivais, programación audiovisual, programación didáctica, cursos e talleres, actividades da Biblioteca-Centro de Documentación e da Agrupación de Amigos do MARCO, entre outras actividades.
As exposición temporais programadas son "A GRANDE TRANSFORMACIÓN. Arte e maxia táctica" do 19 setembro 2008 – 11 xaneiro 2009; "7+1 PROJECT ROOMS" 10 outubro 2008 – 15 febreiro 20091; e SUSO FANDIÑO do 24 outubro 2008 – 4 xaneiro 2009
As actividades de concertos e festivais pasan polo Festival ARTFUTURA 2008 – Programa audiovisual ‘MÁQUINAS E ALMAS’ do 23 de outubro ao 16 de novembro ; e polo Salón SINSAL OUTONO coa actuación de Pantaleimon (Reino Unido) + Lightning Bolt (EEUU) o luns 24 de novembro, ás 20.30
O sábado 15 e o domingo 16 de novembro o Marco celebra a festa do 6º aniversario . Para esta especial ocasión contará cun amplo programa de actividades para distintos públicos: programación audiovisual, concertos, espectáculos de danza, talleres didácticos, visitas, e unha programación especial para maiores na Biblioteca-Centro de documentación, entre outros eventos
As actividades didácticas para escolares e público xirarán sobre ‘A VIAXE MÁXICA’ , nome xenérico deste programa de actividades, visitas e obradoiros, que pretende achegar a escolares e público familiar a idea do obxecto artístico como algo máxico, que a través do contacto directo causa un efecto e inspira beleza, respecto, sorpresa ou admiración.
O Marco tamén organiza para o trimestre os cursos de adultos de "Iniciación á arte contemporánea" : A arte dos séculos XX e XXI: da 2ª guerra mundial aos nosos días; ‘De Picasso a Hirst: 30 figuras da arte contemporánea’ e o curso sobre arquitectura e espazos contemporáneos ‘Xentes, espazos e lugares’
Co taller de Santiago Sierra, o MARCO retoma a programación de talleres de artista, dirixida fundamentalmente a estudantes de Belas Artes e disciplinas afíns, neste caso cun dos artistas españois máis coñecidos internacionalmente: Santiago Sierra do 24 ao 28 de novembro.
Descargar todas as imaxes