O alcalde abre o curso de Formación Profesional "nun dos mellores centros de Galicia"
Abel Caballero mostrou este xoves no IES Manuel Antonio o seu "compromiso coa ensinanza pública" na apertura do curso de Formación Profesional, onde animou aos rapaces e rapazas a conciliar o tempo de estudo co divertimento e a familia. O alcalde destacou que o Manuel Antonio é un exemplo dos centros públicos "de moi boa calidade" que acolle a cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves as instalacións do IES Manuel Antonio, próximo ao Meixoeiro, acompañado da concelleira de Educación, Laura López Atrio, na inauguración do novo curso escolar de Formación Profesional.
O rexedor incidiu no seu "compromiso coa ensinanza pública" nun centro que definiu como "un dos mellores de Galicia", e mostra das dotacións educativas "de moi boa calidade" coas que conta a cidade olívica. Abel Caballero animou aos rapaces e rapazas a proseguir cos seus estudos e a os conciliar co divertimento e a familia. "Adiante que estudar é fantástico", lles arengou o alcalde.
O IES Manuel Antonio de Vigo é un centro público de ensino secundario onde se ofertan as ensinanzas de ESO, Bacharelato e os ciclos formativos de grado medio e superior das familias profesionais de Hostalaría, Química, Sanidade e Téxtil. O Instituto foi construído, conxuntamente co Centro Residencial Docente (CREDO), en 1976 como Centro de Universidades Laborais dependente do Ministerio de Traballo.
A residencia alberga a estudantes tanto do propio Manuel Antonio como doutros centros, unha política coa que o Instituto quere fomentar a convivencia entre os alumnos. Para acadar este obxectivo contan asemade con outros espazos comúns como os laboratorios ou unha biblioteca.
O centro ocupa unha superficie de 52.600 m2 e salienta pola orixinalidade da súa construción e a integración na paixase do seu entorno, pola peculiar combinación de módulos rectangulares e poligonais de unha, dúas ou tres alturas, comunicados entre si por corredores porticados, sendo o material de construcción o formigón prefabricado. O Centro goza dunhas amplas zonas verdes cunha gran variedade de especies arbóreas.
Descargar todas as imaxes