xoves, 25 set 2008
A Axencia da Enerxía de Vigo asumirá a xestión e explotación da planta solar fotovoltaica que a Consellería de Vivenda instalará na nova zona verde de Navia, segundo anunciou hoxe o tenente de alcalde e presidente da Axencia da Enerxía ao remate da xuntanza do seu padroado. A instalación xerará electricidade mediante paneis solares para inxectala directamente na rede de distribución eléctrica.
xoves, 25 set 2008
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este xoves o balance do servizo de socorrismo e salvamento nos areais vigueses na tempada de verán que remata. Neste ano non se recibiron nin incendencias nin anomalías na prestación do servizo nin se rexistraron queixas, cando nos tres veráns anteriores, as incidencias rondaban o centenar, explicou a edil.
xoves, 25 set 2008
Nesta ocasión incorpóranse tamén rutas do Camiño de Santiago, explicou a edil Chus Lago. O programa ten como obxectivo por en valor os recursos naturais de Vigo, e se comezará con tres visitas ás ao Parque Nacional Illas Atlánticas. A concelleira salientou que na pasada primavera a iniciativa contou coa participación de máis de 8.000 vigueses <br />
xoves, 25 set 2008
Este venres sairá a rúa novamente o Servizo de Información Xuvenil Móbil da Concellaría de Xuventude de Vigo. No Infobús poderase tramitar o novo carne xove (de 12 a 30 anos) ou solicitar información referente a estudos, emprego, actividades de ocio ou calquera outro tema de interese para a mocidade.