A Concellería de Medio Ambiente pon en marcha a 2ª edición do programa "Vigo Camiño a Camiño"
Nesta ocasión incorpóranse tamén rutas do Camiño de Santiago, explicou a edil Chus Lago. O programa ten como obxectivo por en valor os recursos naturais de Vigo, e se comezará con tres visitas ás ao Parque Nacional Illas Atlánticas. A concelleira salientou que na pasada primavera a iniciativa contou coa participación de máis de 8.000 vigueses <br />
Tras o éxito acadado polo programa "Vigo Camiño a Camiño", no que participaron máis de 8.000 vigueses na pasada primavera, a Concellería de Medio Ambiente pon en marcha unha nova edición desta iniciativa. "Con esta multitudinaria resposta dos veciños cumpriuse o obxectivo de sensibilizar a poboación sobre a necesidade de respectar e coidar o noso patrimonio ecolóxico", explica a Concelleira, Chus Lago. "Pero a loita pola sostenibilidade é permanente, polo que apostamos por darlle continuidade a Vigo Camiño a Camiño".
O próximo domingo 12 de outubro comezará a primeira ruta desta segunda edición do programa cun percorrido polo Parque Nacional Illas Atlánticas.
Para inscribirse, deberán chamar unicamente ao servizo de atención cidadá 010, podendo chamar para cada saída desde o luns anterior.
De novo polas Cíes
Ao igual que na anterior edición, as Illas Atlánticas volven a ser un dos puntos máis atractivos do programa. A Concellería de Medio Ambiente contempla dentro desta iniciativa tres visitas ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, a primeira fixada para o día 12 de outubro. As próximas saídas serán o 19 e o 26 de outubro.
O punto de saída para as Illas Cíes será a Estación Marítima ás 10 de mañá, e para as Illas Ons, Sálvora e Cortegada á mesma hora desde a Praza do Rei.
"Os vigueses demostraron un enorme interese por coñecer os magníficos espazos naturais que temos no noso concello, especialmente polas Illas Cíes", comentou Chus Lago. Na pasada edición, se
realizaron catro saídas ao Parque Natural. En total, máis de 2.000 persoas visitaron as illas, 500 acamparon en compañía da concelleira.
Vigo Camiño a Santiago
Nesta edición, o programa "Vigo, camiño a camiño" ten como novidade a incorporación de rutas do Camiño de Santiago. Durante cinco domingos consecutivos, a partir do 9 de novembro, os vigueses realizarán unha etapa da ruta portuguesa do Camiño. Cada un dos tramos nos que se divide a ruta, comezará no mesmo punto no que rematou a etapa do fin de semana anterior.
A Concellería de Medio Ambiente fretará, especificamente para esta actividade, un autobús que levará aos camiñantes ata o punto de inicio de cada tramo do Camiño e unha vez rematada a etapa todos os participantes regresarán a Vigo.
O Programa
O programa "Vigo camiño a camiño" iniciouse en marzo deste ano e ofreceulle a tódolos vigueses a posibilidade de coñecer mellor o entorno natural da súa cidade. A iniciativa, que na pasada edición organizouse en 11 rutas, desenvolveuse polos espazos naturais das parroquias de Beade, Bembrive, Zamáns, Valadares, Saiáns e Candeán. Todos os domingos, durante catro meses, os vigueses decatáronse da importancia que ten o respecto ao medio ambiente e a conservación do entorno natural de Vigo.
Acompañados por un grupo de biólogos e técnicos medio ambientais, máis de 8.000 vigueses puideron achegarse a diversos ecosistemas, aprenderon a recoñecer a vexetación propia do monte, as características do bosque de ribeira, os métodos de supervivencia das especies animais e vexetais, os efectos do vento sobre as rochas e tamén a historia de Vigo.
Estas rutas levaranse a cabo paralelamente ao Camiño de Santiago, aportando aos cidadáns outra opción perto da nosa cidade. As rutas serán Monte Alba-Chandebrito (9/11), Madroa-Lagoa (1/11), Fragoselo-Saiáns (23/11), río Zamáns (30/11) e finalizarán na ruta do Galiñeiro o 14 de decembro.
Descargar todas as imaxes