A humanización de Eugenio Kraft estará rematada antes do nadal
O alcalde de Vigo presentou este mércores a primeira fase da humanización da rúa Eugenio Kraft, en Balaídos, unha obra con máis de 200.000 euros de orzamento que estará rematada antes de final de ano, tal e como indicou o propio Abel Caballero. Os traballos xa se iniciaron en setembro e hoxe en día xa están realizadas as catas e a demolición da parte superior da rúa, que finaliza na Avenida da Florida.
O alcalde, Abel Caballero, acompañado do concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, presentaron hoxe mércores os traballos de mellora da rúa Eugenio Kraft, que une Balaídos coa Avenida de Florida, unha humanización de máis de 200.000 euros de investimento e que estará rematada antes de fina de ano.
Segundo os datos que facilitou o rexedor vigués, Oresa é a adxudicataria da obra, que consta de dúas fases: unha primeira en execución, desde a metade da rúa ata a Avenida da Florida, e a segunda fase que "se vai acelerar" e completará a humanización ata Balaídos.
O alcalde salientou que a "máxima calidade" das melloras é igual ás que se están a levar a cabo en toda a cidade, con beirarrúas en granito e aglomerado asfáltico no vial; ademais da substitución da rede de abastecemento e saneamento que o precise, cambio do alumeado público -incluídos os puntos de luz-, instalación dunha illa ecolóxica para a reciclaxe e a plantación de novas árbores na rúa.
En setembro, indicou Abel Caballero, deron comezo os traballos coas catas previas e hoxe en día xa se procedeu á demolición da parte superior de Eugenio Kraft. "Tramos de chegar ao Nadal coa humanización da primeira parte da rúa acabada", explicou o mandatario vigués.
Descargar todas as imaxes