Curso de formación en "Habilidades sociais desde a intelixencia emocional"
A FAVEC organiza curso gratuíto de 30 horas para todas aquelas persoas interesadas en coñecer e potenciar as súas habilidades sociais. Este curso formativo que leva por título: "Habilidades sociais desde a intelixencia emocional" está subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dentro do proxecto "Construíndo Futuro".
As persoas participantes aprenderán a desenvolver habilidades sociais tales como tácticas de persuasión efectivas, comunicación positiva, así como outras facultades de intelixencia emocional útiles nas relacións laborais como despertar as sinerxias para o traballo en equipo e manexo de conflictos. A metodoloxía do curso prioriza potenciar o entrenamento de habilidades e coñecementos a través de simulacións, dinámicas de interacción, xogos, exercizos, casos prácticos, cine fórum e debates.
O curso levarase a cabo na Federación Veciñal "Eduardo Chao", na Praza da Princesa, nº7, 2ºandar os días 29, 30 de setembro e 1, 6, 7, 8 de outubro en horario de tarde de 19:30 a 22:30 horas e os días 4 e 11 de outubro en horario de mañá de 8:30 a 14.00 horas.
As prazas son limitadas. Para a súa asignación terán prioridade as mulleres en idade laboral activa, estudos medios e risco de exclusión social e/ou laboral.
A inscrición pode facerse ata o vindeiro mércores 24 de setembro, mediante envío de currículo á dirección: eduardochao@favec.es, facendo referencia ao curso no asunto, tamén na propia Federación Veciñal ou no teléfono 986 22 30 67 de luns a venres.
Descargar todas as imaxes