Escoitar

Nova brigada municipal de adecuación das zonas verdes

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado da concelleira do departamento, Raquel Díaz, e o concelleiro de Emprego, Santos Héctor, presentaron este martes aos 15 integrantes dunha nova brigada para a adecuación das zonas verdes municipais. O persoal procede dos programas de cooperación do Concello coa Xunta de Galicia, ao amparo do Plan Municipal de Emprego. <br />

martes, 23 set 2008
1222174669brigadas1.jpg
O alcalde, Abel Caballero, a concelleira de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, e o edil de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, acudiron este martes ao Monte do Castro para presentar á nova brigada municipal que se encargará da adecuación das zonas verdes municipais.

Auspiciado polo Plan Municipal de Emprego 2007-2011 no ámbito dos programas de cooperación entre o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia, 15 operarios integran esta nova brigada entre enxeñeiros técnicos forestais, delineantes, condutores, albaneis e xardineiros.

O período de funcionamento da brigada xa deu comezo o pasado 1 de setembro e se prologará durante un ano. O seu traballo pasa pola adecuación das zonas verdes, o que, dun xeito máis específico, significa a construción de pequenas escaleiras, de canaletas para a recollida das augas pluviais e de pradeiras, ademais dos axardinamentos nas distintas zonas verdes de Vigo.

O alcalde subliñou a importancia de que o Concello reforce o servizo de xardíns para manter o axeitado aspecto da cidade, para o que tamén solicitou a colaboración e cooperación de todos os vigueses para cumprir este obxectivo e en beneficio de todo Vigo.
Descargar todas as imaxes