venres, 26 set 2008
A X Feira Internacional dos Produtos do Mar Conxelados terá lugar entre o 7 e o 9 de outubro no recinto ferial de Vigo (IFEVI). O acto inaugural contará coa presenza do Comisario europeo de Pesca, Joe Borg, a Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, a Conselleira de Pesca, Carmen Galego, o Alcalde de Vigo, Abel Cabaleiro, e o resto de autoridades. A inauguración terá lugar no Auditorio do IFEVI o vindeiro martes 7 de outubro, ás 17.15 horas.
venres, 26 set 2008
Dentro do programa de apoio á creación de empresas do Plan Municipal de Emprego do Concello de Vigo, o servizo de asesoramento a emprendedores/as (SAE) organiza un "Seminario de Planificación empresarial" que comeza o próximo luns 29 de setembro nas instalacións que ten o Concello na rúa Cánovas do Castillo, núm 2, edificio "EMPECE".
venres, 26 set 2008
As ludotecas que dependen da Concellaría de Xuventude presentan a súa programación, de cara ao vindeiro mes de outubro, co outono como eixo central. Os nenos e nenas que acudan durante os vindeiros meses as ludotecas desenvolverán diferentes obradoiros e moitas actividades relacionadas directamente coa celebración do Samaín.