Escoitar

A X Feira Internacional dos Produtos do Mar Conxelados consolídase como referente do sector, con 647 expositores e a participación de 41 países

A X Feira Internacional dos Produtos do Mar Conxelados terá lugar entre o 7 e o 9 de outubro no recinto ferial de Vigo (IFEVI). O acto inaugural contará coa presenza do Comisario europeo de Pesca, Joe Borg, a Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, a Conselleira de Pesca, Carmen Galego, o Alcalde de Vigo, Abel Cabaleiro, e o resto de autoridades. A inauguración terá lugar no Auditorio do IFEVI o vindeiro martes 7 de outubro, ás 17.15 horas.

venres, 26 set 2008
1222436736conxemar2.jpg
Nesta décima edición, destaca o aumento de superficie expositiva, ao utilizar unha carpa de 2.200 metros cadrados, co que a superficie total elévase a 33.700 metros cadrados.

Un ano máis CONXEMAR non quere deixar de manifestar a necesidade de ampliar as instalacións fixas do IFEVI en 6.000 metros cadrados, así como de mellorar os accesos e incrementar o número de prazas de aparcamiento; algo imprescindible para que Vigo siga acollendo esta feira internacional.

CONXEMAR 2008 agrupa na súa décima edición a 28 organismos dos cales 12 son nacionais e 16 internacionais. Os que acoden por primeira vez son Tailandia, Panamá, México e Turquía.

Paralelamente, levaranse a cabo diversas charlas e seminarios, así como unha degustación gastronómica organizada polo Goberno Vasco. Tamén se previron encontros empresariais de carácter privado e a PTEPA (Plataforma Tecnolóxica Española da Pesca e a Acuicultura) desenvolverá varias reunións de traballo no marco desta feira.

Coincidindo coa celebración de CONXEMAR desenvolverase ademais a iniciativa Eurofish Vigo 2008, que vén celebrándose con éxito desde fai catro anos grazas á colaboración do FROM e das Cámaras de Comercio de Pontevedra e Vigo. Nesta ocasión, prevese que se poidan celebrar numerosas reunións empresariais.
Descargar todas as imaxes