Escoitar

O alcalde presenta co edil de urbanismo "un desenvolvemento histórico sen precedentes" de vivenda protexida na cidade

Abel Caballero e José Mariño deron conta este venres do inicio simultáneo da "construción e desenvolvemento de 41 ámbitos da cidade", dos que 33 son para vivenda e 8 de usos industriais, comerciais e dotacionais, explicou o alcalde. Segundo indicou, se edificarán 12.044 vivendas libres e 11.620 protexidas, das que as primeiras poderán dispoñibles "entre dous ou tres anos", estimou o rexedor.

venres, 26 set 2008
1222436574vivendas.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, anunciaron hoxe venres "o inicio do proceso de promoción pública para os próximos oito anos", "un desenvolvemento histórico sen precedentes" que contempla a edificación de 11.620 vivendas protexidas en Vigo.

"Imos iniciar a construción e desenvolvemento de 41 ámbitos da cidade", explicou o alcalde, dos que 33 corresponden a vivenda e 8 a usos industriais, comerciais e dotacionais. O planeamento de todos eles comezará simultáneamente, indicou.

Os datos ofrecidos por Abel Caballero sobre estes ámbitos contemplan a construción nos próximos oito anos de 23.664 vivendas, das que 12.044 son libres e 11.620 - "prácticamente o 50%, subliñou Abel Caballero"- son de protección. Do total, o mandatario vigués estima que "entre dous e tres anos" poidan estar dispoñibles as primeiras.

O alcalde citou algúns exemplos, como o ámbito de Guixar, onde se edificarán 367 vivendas protexidas e 551 libres; Frián, con 201 de protección por 218 de mercado; os a Travesía de Aragón, con 246 pisos protexidos e 328 libres.

As persoas afectadas polo desenvolvemento das parcelas serán realoxadas no mesmo ámbito, explicou Abel Caballero, aínda que asegurou que o planeamento debe encargarse de que estes casos acontezan no menor número posible.

"Esta é a consecuencia do Plan de Ordenación Municipal que aprobamos", salientou o rexedor, quen mostrouse satisfeito de facer público este "compromiso moi importante" adoptado polo seu goberno referido ás vivendas protexidas, "á metade do prezo de mercado", manifestou.

Desenvolvemento
Abel Caballero explicou que as 23.664 vivendas citadas corresponden aos 33 ámbitos de promoción e iniciativa pública, "pero que non son de propiedade pública", aclarou. O inicio do planeamento por parte da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo é o primeiro paso cara a posta en marcha antes de manter reunións cos propietarios dos ámbitos para impulsalo.

O alcalde adiantou que Urbanismo xa está a manter encontros con algúns promotores con este obxectivo, e incluso avanzou que algúns ámbitos xa se atopan en pleno desenvolvemento.

Nos orzamentos deste ano, Urbanismo xa conta cunha partida de 200.000 euros para este obxectivo, e o rexedor anunciou que nos vindeiros orzamentos haberá do mesmo modo unha cantidade económica ao efecto.
Descargar todas as imaxes