Escoitar

A Concellería de Emprego orgniza un "seminario de planificación empresarial"

Dentro do programa de apoio á creación de empresas do Plan Municipal de Emprego do Concello de Vigo, o servizo de asesoramento a emprendedores/as (SAE) organiza un "Seminario de Planificación empresarial" que comeza o próximo luns 29 de setembro nas instalacións que ten o Concello na rúa Cánovas do Castillo, núm 2, edificio "EMPECE".

venres, 26 set 2008
Os obxectivos principais deste seminario patrocinado por BIC Galicia, son coñecer como elaborar un plan de empresa e poder analizar a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial de cada unha das 26 persoas que asisten ao seminario, xa que cada participante presentou un proxecto con anterioridade.

Durante as sete xornadas formativas e as catro titorías personalizadas sobre cada proxecto, traballaranse temas de organización, mercado, comercialización, financiamento e análise económica.

Con este programa o Concello de Vigo quere potenciar a iniciativa empresarial das persoas emprendedoras.